CRTVG

Buscar

Veciños do Burgo, en Culleredo, denuncian cheiros no seu edificio

Publicado o 20/05/2019 14:29

Veciños do Burgo, en Culleredo, denuncian malos cheiros por mor dunhas filtracións no seu inmoble que afectan tamén, din, a vía pública. Sospeitan que o problema pode estar no baixo do edificio.

Veciños deste edificio do Burgo, no concello coruñés de Culleredo, miran impotentes as filtracións que veñen sufrindo desde que se realizaron, din, reformas no baixo do inmoble.

Pero non só se queixan dos malos cheiros. Din estar fartos de protestar sen que ninguén lles achegue solucións.

Desde o Concello explicáronnos que se trata dun problema exclusivamente particular e que a empresa Gestagua xa emitiu un informe onde expón que é a comunidade de propietarios do inmoble a que ten que arranxar a avaría.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019