CRTVG

Buscar

Veciños do barrio vigués da Salgueira denuncian a desatención do concello

Publicado o 13/07/2021 13:48

No barrio da Salgueira, que está a dez minutos andando da Gran Vía de Vigo, os veciños reclaman do Concello os traballos de mantemento necesarios para que estean como é debido rúas e prazas. Quéixanse, por exemplo, de que un sumidoiro leve tempo derramado e tamén doutras deficiencias no espazo público.

Catro veciños deste barrio vigués falan do que consideran problemas ou deficiencias en rúas, beirarrúas, na praciña da fonte onda a igrexa e mesmo da presenza de ratas.

Neste barrio vigués pídenlle ao alcalde que veña por aquí, porque, reiteran, precisa da acción municipal para frear a súa deterioración.

Noticias web

13/07/2021