Veciños do barrio ferrolán de Recimil piden solucións ante a inseguridade e as ocupacións ilegais
Publicado o 23/01/2020 14:14
A inseguridade é, segundo din dende a Asociación de Veciños de Recimil, o que máis lles preocupa. Din que só queren vivir tranquilos e que os seus fillos poidan xogar na rúa sen perigo a que lles pase algo.
Aseguran que tras esa inseguridade están os ocupantes ilegais conflitivos, cuxo número, din, vai en aumento.
Tamén denuncian a situación de abandono en que, segundo din, se atopa o barrio. Reclaman máis vixilancia policial e unha mellor xestión das vivendas sociais da zona.