CRTVG

Buscar

Veciños do barrio do Ofimático, na Coruña, denuncian carreiras ilegais nesta área residencial

Publicado o 29/08/2019 14:38

Estas imaxes corresponden ao vídeo que fixo público un veciño do Ofimático. Nel vese un coche facendo derrapaxes á vez que unha muller grava as súas peripecias desde a beirarrúa.

"Estamos tratando de localizar o condutor para saber que foi o que pasou", di José Manuel Rico, inspector principal da Policía Local da Coruña.

Malia seren, polo momento, casos puntuais, os veciños do barrio Ofimático, en que a día de hoxe viven 200 familias, preocúpalles que se convertan en prácticas habituais.

"Está todo moi baleiro e pode que sexa unha práctica que se dea".

A Policía Local asegura que xa están a facer controis rutineiros neste barrio de recente contrución para poder detectar estas posibles manobras.

"É unha zona que ten vías moi amplas, poucos edificios e temos o antecedente doutras zonas da cidade en que tamén pasou algo parecido. E estamos facendo controis".

Con todo, desde a Policía Local insisten en que, ata o de agora, este tipo de casos nas rúas do Ofimático están a ser illados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019