Veciños do Barrio das Flores, na Coruña, denuncian humidades e caída de cascallos dos seus edificios
Publicado o 01/07/2021 14:22
Elena é unha das veciñas do Barrio das Flores que sofre o problema das humidades. Mesmo tivo que cubrir os sofás do salón porque ás veces chove por eles. Levan así desde hai xa 4 anos.
Explican que o prezo da obra dunha das torres era de máis de 62.000 euros e que daquela, no 2017, os veciños lograran reunir esa cantidade. Pero amais das fendas e das humidades, denuncian que están a caer cascallos coma este e que calquera día acontece unha desgraza.
Din que non piden grandes luxos, só que Patrimonio marque os pasos que deben dar para non ter os edificios abandonados.