CRTVG

Buscar

Veciños do barrio coruñés dos Castros reclaman melloras ante a inseguridade viaria

Publicado o 27/02/2020 14:48

Veciños do barrio dos Castros, na Coruña, quéixanse dos problemas que supón para a seguridade dos peóns o alto volume de tráfico existente na zona e o mal estado en que se atopa tanto a sinalización horizontal nas rúas como as propias beirarrúas. Falan dunha situación de abandono perigosa para a súa integridade.

Coches a moreas nunha zona de entrada á cidade, pasos de peóns e sinalización na estrada en moi mal estado ou completamente despintada. O cóctel fai que o barrio dos Castros sexa zona perigosa para os peóns, segundo denuncian os veciños.

Tampouco as beirarúas están exentas de perigo. Con lousas levantadas ou mesmo fochancas que complican a estabilidade dos transeúntes.

E despois, están os incívicos, aqueles que non teñen en conta as zonas habilitadas para o paso das persoas e optan pola vía máis rápida, que tamén adoita ser a máis perigosa.

Sosteñen os residentes que a situación esixe unha rápida actuación municipal contra a inseguridade vial que sofren antes de que ocorra unha desgraza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020