CRTVG

Buscar

Veciños de Vimianzo, Zas e A Baña únense contra o peche das sucursais bancarias

Publicado o 25/08/2021 14:26

Tres concellos coruñeses unen forzas para intentar evitar o peche das súas respectivas oficinas bancarias. É un problema do que xa lles falamos máis veces, pero que non deixa de se estender. Os habitantes do rural, moitos deles maiores, vense obrigados a facer moitos quilómetros para calquera xestión.

Uns dos afectados son dos veciños de Baíñas, parroquia de Vimianzo, pola previsión do peche da oficiña bancaria da zona.

Hai quince días recibiron unha carta informándoos de que a partir do vindeiro 8 e setembro, a súa oficina de referencia pasará a ser a de Vimianzo.

"Temos que desprazarnos máis de 10 quilómetros, dispoñer de coche", di un dos afectados. 

Din que coa perda deste servizo, que cualifican como esencial, arredor de 700 veciños vanse ver afectados, sobre todo, os de máis idade.

Unha situación que, amais de en Vimianzo, se repite tamén nos concellos de Zas e A Baña. Por iso, o próximo xoves, 2 de setembro, os veciños destes tres concellos vanse desprazar en autobuses ata A Coruña para concentrárense ás portas da sede central da entidade.

 

Noticias web

25/08/2021