Veciños de Vigo concéntranse contra a suba do prezo da luz
Publicado o 17/06/2021 20:57
Os veciños de Vigo manifestáronse hoxe contra a suba do prezo da luz. Foi un acto organizado pola Federación de veciños no que quixeron amosar o seu rexeitamento a unha medida que consideran intolerable e que aumenta aínda máis a precariedade en que viven moitas familias.
Este colectivo ten previsto realizar máis concentracións e charlas informativas para concienciar á poboacion da necesidade de mobilizarse en contra da suba dun ben de primera necesidade como é a luz.