Veciños protestan polo mal estado da estrada entre Outeiro de Rei e Friol
Dende A Gándara ata a ponte do río Ladra é a zona que, segundo os veciños, está máis afectada polo mal estado do firme da estrada que comunica Outeiro de Rei con Friol.
"Temos un problema pola enorme cantidade de buratos, cortei unha roda, aquí non se queren decatar".
"Como está ben se ve, os camións vanse... pégache o coche abaixo".
A intensa circulación de tráfico pesado, sobre todo de camións de leña, xa que segundo nos contan os veciños, nesta zona hai moita tala de madeira, é un dos motivos do mal estado da estrada.
"É unha estrada que ten moito tránisto, o autobús, os camións, son condicións non axeitadas, botouse xabre pero non se soluciona o problema, vai ir desaparecendo todo".
Os veciños cren que o xabre que botaron non abonda, e insisten en que foi un traballo mal feito xa que non quedou ao rente e agora nalgunhas zonas é coma se circulasen enriba de coios.