CRTVG

Buscar

Urbanizacións privadas de Lugo reclaman o arranxo de rúas sen traspasar ao Concello

Publicado o 08/02/2019 14:38

Ninguén se ocupa de reparar o asfaltado dunha urbanización de Lugo en que viven uns trinta veciños.

Inicialmente parecía que se trataba dunha propiedade privada, pero polo de agora non se sabe nada de certo, xa que o catastro recoñece a titularidade pública de dúas das catro rúas da urbanización.
O que non queren é seguir vivindo rodeados por rúas cheas de fochancas.

Hai algo máis de corenta anos que se creou a urbanización Castro Gil no concello de Lugo, ás aforas da cidade. O caso foi que o contratista crebou e un particular mercou uns terreos, e agora está por saber se as rúas que atravesan e estruturan a urbanización son do Concello ou ben do particular que mercara os terreos na poxa.

Os veciños crearon unha asociación para intentar solucionar o problema da titularidade das rúas. E mentres, todo son dificultades.

Din que o Concello non ten mala predisposición, pero insisten en que hai que resolver a situación do lugar xa.

A situación agrávase co feito de que cada día hai máis tránsito por estas rúas, xa que supón un atallo para chegar ao HULA e, ademais, pasan numerosos camións cargados, o que vai en detrimento do piso da estrada.

Noticias web

08/02/2019