CRTVG

Buscar

Veciños de Teis e Chapela piden a supresión da peaxe na AP-9

Publicado o 27/03/2021 22:52

E os veciños e veciñas de Teis, Chapela e Trasmañó volveron saír á rúa para pedir a gratuidade da peaxe entre Vigo e Redondela.

Unha reivindicación que non é nova pero que non acaba de converterse en realidade. Nesta manifestación veciñal esixen, ademais, a conversión da autoestrada en tramo urbano dende as Torres de Padín e a mellora dos pasos elevados na Xorxa e Trapa.

A estas peticións sumánse a de que se instalen pantallas para eliminar o ruído nas zonas urbanas e a de que se suprima o tráfico pesado entre Teis e Chapela.

Noticias web

27/03/2021