CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Veciños de Teis e Chapela esixen a supresión da peaxe de Redondela

Publicado o 29/09/2018 21:25
Os veciños de Teis e de Chapela retomaron hoxe as súas mobilizacións para esixir a eliminación da peaxe de Redondela. Fixérono nunha manifestación na que participaron centos de persoas.

Os responsables destes colectivos aseguran que hai tres meses remitiron un escrito ao novo ministro de Fomento coas súas reivindicacións. Non tiveron resposta e denuncian falta de vontade política por parte do Goberno central para concretar prazos e acometer a supresión da peaxe, anunciada a comezos de ano.
Ademais hoxe esixiron na rúa outras vellas demandas relacionadas coa AP-9. Entre elas, a conversión da autoestrada en tramo urbano dende as Torres de Padín e medidas contra a contaminación acústica que provoca a vía.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí