CRTVG

Buscar

Veciños de Santa Mariña, en Ferrol, piden que amañen a estrada

Publicado o 22/02/2019 14:02

No lugar de Santa Mariña, en Ferrol, aseguran que levan máis dun ano camiñando por esta pequena estrada mentres esquivan os perigos. Hai varios buracos de gran tamaño debido a desprendementos do terreo, e a súa situación pegada ás vías do tren, sen apenas medidas de seguridade, non fai máis que aumentar a alarma que esperta entre os veciños.

A isto súmanse a falta de sinalización e mais as cantidades de lixo que se acumulan ás beiras. Por ela pasan diariamente decenas de persoas, segundo din, porque é a única vía que empregan os veciños para baixar ao centro.

Hai tempo xa tiveran problemas demandando unha pasarela peonil para cruzar as vías, na que quedaron atrapados vehículos en dúas ocasións. Agora os veciños esperan que volvan escoitar as súas queixas o antes posible.

Noticias web

22/02/2019