CRTVG

Buscar

Veciños de Redondela protestan polo desmantelamento da sede da Policía Nacional

Publicado o 24/05/2019 15:46

Queren seguir contando cos seus axentes de policía, como sucedía ata agora, porque son eles os que a base de patrullar as rúas todos os días, coñecen a realidade do concello e coñecen tamén todas as particularidades do territorio.

En Redondela hai unha oficina que depende da Comisaría Vigo-Redondela e que tiña un mando e persoal estable, pero agora estes axentes están integrados na central en Vigo, polo que denuncian que o tempo de resposta ante calquera altercado vai ser maior e van estar máis desprotexidos.

Os veciños esixen a creación dunha comisaría de distrito, sería así a terceira que tería Vigo, e un maior número de axentes para poder garantir a seguridade dos 30.000 habitantes que hai no concello, ademais doutros servizos que agora lles negan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019