CRTVG

Buscar

Veciños de Rairo, en Ourense, piden o arranxo de varias vías

Publicado o 29/01/2020 14:13

Fochancas de varios centímetros de profundidade, vías desfeitas e anos agardando unhas obras de mellora que non chegan.

Este das Carrixeixas é o único camiño que poden utilizar para chegar ás súas casas dende a estrada principal que os comunica con Ourense, a apenas dous quilómetros. Os problemas e os danos que sofren os vehículos son evidentes, pero é que ademais levan anos reclamando que se ensanche o camiño para facilitarlle a chegada os servizos de urxencia.

Non é a primeira vez que eles mesmos arranxan parte das fochancas, pero din que xa están fartos. A situación repítese en varias vías de Rairo. Din que se senten abandonados polas institucións.

A chuvia intensa do inverno non axudou, pero lembran que a deterioración dos camiños comezou xa hai moitos anos. Xa fixeron chegar as súas queixas ao Concello de Ourense, ao que pertencen, e agardan unha solución canto antes.

Noticias web

29/01/2020