CRTVG

Buscar

Veciños de Pontevedra denuncian unha convivencia difícil cos usuarios dunha asociación de reinserción social

Publicado o 08/11/2019 14:19

No baixo dun edificio da rúa Cortizo está situado o local da asociación Rexurdir. Aquí dan asistencia diúrna a persoas en risco de exclusión social. Os veciños do edificio levan tempo denunciando as molestias que lles causan os usuarios que se concentran ás portas do centro.

Aseguran que a diario presencian liortas, tráfico de drogas e mesmo intentos de roubos a algúns veciños. Son moitos os que optaron por saír do edificio polo garaxe para evitar a zona en que se concentran os usuarios. Pola súa banda, dende Rexurdir aseguran que as protestas dos veciños xa comezaron mesmo antes de abrir o local. Din que non hai problemas de convivencia, que só queren que se vaian de alí.

Os veciños xa reuniron máis de mil sinaturas para pedir que se resitúe o local de Rexurdir.

Noticias web

08/11/2019