CRTVG

Buscar

Veciños de Pontevea piden medidas para reducir a perigosidade dun paso de peóns

Publicado o 13/03/2018 14:16

Residentes en Pontevea, preto de Santiago, advirten da perigosidade dun paso de peóns situado na zona urbana. Piden que se mellore a sinalización do paso para evitar atropelos.

Habitantes de Pontevea, no concello de Teo, advirten do perigoso que pode ser cruzar neste paso para peóns.

O último atropelo aconteceu o venres pasado contra as oito da noite. Un camión levou por diante un señor maior que cruzaba a estrada. 

O paso está á saída dunha curva e nun cambio de rasante nunha vía con moito tráfico, xa que comunica Santiago coa Estrada. Os veciños coinciden en que moitos condutores non respectan o límite de velocidade.

Piden solucións para que sexa máis seguro cruzar a estrada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018