CRTVG

Buscar

Veciños de Pontedeume protagonizan un calendario solidario

Publicado o 18/01/2017 13:41

Son doce retratos con posta en escena de película que propiciaron xa a recollida de máis de tres mil euros para os proxectos benéficos de Cáritas

Xurdiu como proxecto académico nos estudos de fotografía da súa autora e ten toda a pinta de converterse en algo tradicional cada cambio de ano. Este ano había moita curiosidade por saber que veciños e veciñas o protagonizarían e de que xeito. No 2017 vai de películas e en xaneiro vemos un Tarzán cunha Jane de Pontedeume. 

O mes de agosto protagonízano as mozas do calendario, sete eumesas que comparten afección polo ximnasio e outros cinco veciños ocupan o mes de outubro lembrando a Full Monthy. Este ano puxo a venda cincocentos exemplares ao prezo de dez euros destinados a Cáritas. Xa só lle quedan uns poucos.

Sara Carpente di que a resposta das persoas escollidas para as fotografías é sempre de cooperación e todas e todos levan con moito orgullo participar nesta iniciativa solidaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2017