CRTVG

Buscar

Veciños de Ponteceso van pola terceira semana sen Internet

Publicado o 21/11/2019 14:53

O fallo no servizo telefónico afecta a área que está detrás do cuartel da Garda Civil de Ponteceso. Na liña aérea vense dous cables cortados pendurando, supostamente, debido á acción dun camión a principio de mes. Un veciño quéixase de que Telefónica e a súa operadora non arranxan a avaría.

Antonio Pacoré, veciño de Ponteceso: "Estou chamando a miña operadora, Jazztel, todos os días, mesmo dúas veces e sempre me dan escusas. Dinme, en 72 horas temos solucionado o problema. Resulta que van xa tres semanas e estamos como no primeiro momento. Rompeu un cable hai tres semanas e seguimos sen teléfono e sen Internet e co agravante que isto é un problema que pasa con moita frecuencia".

Antonio di que ten cortes na liña sete ou oito veces ao ano e afirma que Telefónica tamén desatende os pedimentos do Goberno municipal para que fagan unha instalación como é debido. O usuario recoñece que a operadora lle desconta na factura os días de avaría, pero engade que iso non compensa a falta de servizo de Internet e teléfono fixo.

Noticias web

21/11/2019