CRTVG

Buscar

Veciños de Ponteareas urxen a reforma da Nacional 120 para mellorar a seguridade viaria

Publicado o 03/09/2021 11:57

Malia que a construción da Autovia das Rias Baixas prometía desconxestionar a estrada Nacional 120, para os veciños das parroquias de Areas, Xinzo e Arnoso, en Ponteareas, non foi asi. Só quedou unha saída para o concello e pola nacional seguen circulando dezasete mil vehículos a diario.

E a carencia de beirarrúas, pasos de peóns ou rotondas fai que se produzan situacións de risco ou que falecesen máis de 30 persoas en accidentes neste treito. Por iso os veciños crearon hai cinco anos unha plataforma para reclamar a mellora da seguridade viaria. Urxen a execución do proxecto de reforma da estrada que leva meses estancado en Fomento.

Outra reivindicación histórica dos veciños é a construción dunha circunvalación que conecte a Autovía coa Nacional e permita desconxestionala. Pero para sorpresa da plataforma, o anteproxecto que presentou Fomento non se corresponde co trazado que pactaran, e aseguran que lonxe de solucionalo, agrava o problema. A plataforma prepara novos actos de protesta para esixir solucións.

Noticias web

03/09/2021