CRTVG

Buscar

Denuncian graves problemas de lixo e ruídos por mor do botellón en Ponteareas

Publicado o 18/04/2019 16:17

En Ponteareas moitos veciños están fartos do ruido nocturno e do botellón; denuncian que o epicentro da movida  son os baixos abandonados dun edificio no Paseo Matutito. No están tapiados, e o acceso é ben fácil, e converteuse nun punto negro cheo de lixo.

Os veciños do Paseo Matutino piden ao concello que obrigue aqos propietarios a pechar os baixos. Din ademais que a situación se repite en edificios das rúas Pedra Pequena e Mimosas.

Todos temen que se repitan feitos como o dunha Noiteboa que prenderon lume no baixo e tiveron que intervir os bombeiros, arruinando a festa de moitas familias.


 

Noticias web

18/04/2019