CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Veciños de Pol din que hai un oso que lles desfai as colmeas

Publicado o 30/07/2013 14:04


Veciños da aldea do Candal, no concello lugués de Pol, aseguran que un oso se achegou ás súas casas e comeu 3 colmeas cheas de abellas e de mel. Din que están asustados porque nunca viran un animal deste tipo pola zona. Sobre todo, preocúpalles que poida chegar a ataca-lo gando ou as propias persoas. Ao primeiro non sabían quen fora. Pero cando viron a maneira en que deixou todo, xa pensaron nun oso. Os técnicos de Medio Ambiente xa inspeccionaron a zona pra esclarecer se foi un ataque dun oso. Malia que por aquí nunca os viron, tampouco sería raro. Neste tempo é cando as nais se desfán dos seus fillos, que poden chegar a desorientarse e saír das montañas dos Ancares na procura de alimento.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí