CRTVG

Buscar

Veciños de Poio quéixanse do aumento da presenza de drogodependentes a carón das súas casas

Publicado o 10/09/2019 14:18

Inseguros. Así din que se senten os veciños da Caeira e de Boa Vista, en Poio, ante o incremento da presenza de drogodependentes nesta zona residencial preto do Vao. Un dos puntos críticos agora, din, son estas escaleiras.

"Subindo polas escaleiras, picándose nas escaleiras, gritando, pelexando... Defecan nos portais, deixan os papeis cheos de sangue...".

A estes problemas hai que sumarlles episodios de roubos en chalés. Para intentar frear estes actos, os veciños crearon recentemente unha agrupación veciñal, que xa levou a cabo as primeiras medidas.

"Estamos con recollida de firmas, e solicitamos sendas entrevistas co alcalde e coa Subdelegación do Goberno".

Confían en que deste xeito chegue a solución a un problema co que levan convivindo décadas, e ante o cal os veciños xa actuaron noutras ocasións.

"Esta leira pechámola toda, puxemos 50.000 pesetas cada veciño e ninguén nos deu un peso".

Falan tamén de que a presenza policial na zona é escasa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019