CRTVG

Buscar

Veciños de Paderne están sen teléfono nin Internet dende hai máis dunha semana

Publicado o 15/01/2019 13:39

Arredor dunha decena de veciños de San Mamede, no concello coruñés de Paderne, moi preto de Betanzos, levan máis dunha semana sen liña telefónica. Ademais de non poder usar o teléfono fixo, tampouco teñen conexión a Internet.

"Ocasiona prexuízos. Temos un neto que precisa Internet e ten que buscar a vida noutro lado".

A avaría detectárona ao día seguinte do Día de Reis. Non saben a que se debe nin teñen máis información.

"Chamamos a Telefónica e dinnos que se vai reparar, pero día tras día seguimos igual. Queremos que nola amañen, claro. E canto antes mellor porque o recibo pásano todos os meses igual. Se pagamos é para ter liña e mais Internet".

Ademais de vivendas como a de Antonio tamén están afectadas algunhas explotacións gandeiras que precisan da liña telefónica e da conexión a Internet para o seu traballo do día a día.

Noticias web

15/01/2019