CRTVG

Buscar

Veciños de Ons reclaman en Santiago o acceso libre dos seus familiares á illa

Publicado o 15/05/2019 21:27
Veciños de Ons reclaman en Santiago o acceso libre dos seus familiares á illa

Veciños da illa de Ons desprazáronse esta tarde a Santiago para pedir o libre acceso á illla, sen ningún tipo de restrición, de toda a familia dos residentes. Concentráronse ante a Consellería de Medio Ambiente, onde representantes políticos se reuniron coa directora xeral de Patrimonio.

A Xunta, co obectivo de protexer o espazo natural das Ons, estableceu un máximo de 1.800 visitantes diarios e repartiu 500 carnés entre os máis de 200 insulares. Este carné, persoal e intrasferible, permite aos concesionarios e familiares destes, desde tataravós ata tataranetos, moverse libremente pola illa. Os veciños consideran que os carnés son insuficientes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019