CRTVG

Buscar

Veciños do Burgo denuncian os incumprimentos dunha cafetería que asegura que ten todo en regra

Publicado o 02/06/2020 14:12

Veciños do paseo marítimo do Burgo, no concello de Culleredo, denuncian os reiterados incumprimentos da normativa de seguridade sanitaria deseñada para a fase de desescalada dun dos locais de hostalería situado na zona.

Os veciños aseguran que recibiron ameazas e insultos por parte dos usuarios das terrazas cada vez que denucian os incumprimentos.

A Galega púxose en contacto co xerente do local, que preferiu non saír ante a cámara. Asegura que ten todas as licenzas en regra e que o Concello lle concedeu a ampliación de terraza para esta fase e un horario de apertura ata a unha e media da madrugada. Di que cumpren co distanciamento entre mesas, pero admite que cando se xuntan grupos é difícil que algunha cadeira non supere os límites.

Dende a Policía Local do Concello manifestan que, tras acudir en varias ocasións ata o local polas denuncias dos veciños, non observaron incumprimento ningún.

Noticias web

02/06/2020