CRTVG

Buscar

Veciños de Novo Mesoiro esixen medidas contra as carreiras ilegais no polígono de Vío

Publicado o 29/06/2020 13:58

Con imaxes gravadas dende as súas vivendas, os veciños do Novo Mesoiro, na Coruña, denuncian a celebración de carreiras ilegais.

Manuel Francisco Méndez, presidente da Asociación de Veciños de Novo Mesoiro, di que no polígono abandonado de Vío a xente queda para facer carreiras de velocidade.

Aseguran que tras o confinamento a situación emperou, porque, segundo aseguran, as carreiras celébranse con máis frecuencia.

E temen que un día se produza unha desgraza. "Todos os coches acceden por zonas comúns, temos medo non só dun accidente nas competicións, senón tamén cando vaiamos nós ás nosas casas", explica Méndez.

Tamén lle piden á empresa xestora que se implique, xa que, din, é un polígono privado, polo que lle esixen "que impida as carreiras e promocione o polígono creando actividade".

O Concello da Coruña tamén ten previsto colocar bandas rugosas nos viais do polígono para limitar a velocidade e dificultar así as competicións ilegais. 

Noticias web

29/06/2020