Veciños de Muros denuncian a celebración de botellóns no centro da vila
Publicado o 14/07/2020 14:44
Centos de mozos celebraron un botellón ás tres ou catro da mañá na praia do Castelo, en Muros. Algo común a moitas vilas e cidades, o que pasa é que cando se realizan acotío e en rúas habitadas conviven mal cos veciños. Muros non é unha excepción.
Ademais do ruído e do lixo que deixan na praia, que está no corazón da vila, tamén se concentran neste patio particular dunha comunidade de veciños e utilízano como retrete.
As primeiras queixas xa se puxeron en 2014, pero parece que a cousa aínda se agravou agora ao remate do confinamento. Os veciños presentaron queixas formais repetidamente non só no Concello, senón tamén na Subdelegación do Goberno.
Actualmente están a recoller sinaturas para que as autoridades adopten medidas eficaces.