CRTVG

Buscar

Veciños de Mougás, en Oia, están fartos de sufriren dos continuos cortes de luz

Publicado o 04/03/2020 14:37

Veciños e propietarios de negocios da parroquia de Mougás denuncian os continuos cortes na subministración eléctrica que padecen dende hai tempo. Os últimos rexistráronse o pasado domingo e o luns, e nalgún caso duraron mais de doce horas. Están fartos dunha situación que complica o seu día a día e que para os negocios, tradúcese en perdas.

Din que a compañía eléctrica relaciona estes apagóns con situacións meteorolóxicas adversas. Porén os veciños aseguran que se producen independentemente do estado do tempo e relaciónanos co deterioro dun transformador.

Os máis afectados polos cortes de luz son os veciños dos barrios de Porto e de Lourido. Todos agardan que se solucione canto antes a situación.

 

Noticias web

04/03/2020