CRTVG

Buscar

Veciños de Mollavao, en Pontevedra, lamentan que ata teñen que convivir coas ratas

Publicado o 08/10/2019 14:03

Os veciños de Mollavao, en Pontevedra, teñen que compartir as beirarrúas coas ratas. A razón é o estado de abandono dunha leira do barrio que hai meses se converteu nun foco de infección. Xa era complicado pasar pola beirarrúa invadida pola maleza. Agora, coa presenza dos animais, todos tentan non empregala.

En pouco máis de cen metros, os veciños non só conviven coas ratas, tamén cos cheiros dun vertedoiro incontrolado onde xa se rexistraron algúns incendios e coa preocupación de que se produzan desprendementos como consecuencia do estado de ruína desta antiga empresa.

A cinco minutos do centro de Pontevedra, os veciños séntense abandonados. Agardan que os particulares e as administracións implicadas tomen medidas e cumpran coas súas obrigas para darlles solucións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019