CRTVG

Buscar

Veciños de Meicende denuncian inundacións de augas fecais nas súas casas

Publicado o 26/10/2020 21:27

Veciños de Meicende, no concello coruñés de Arteixo, denuncian que sofren inundacións de augas fecais nas súas casas. O último incidente ocorreu tras as chuvias desta fin de semana.

Eva entra na súa casa tras sufrir a fin de semana novas inundacións. A chuvia dos últimos días volveu encher de augas fecais a vivenda e así o gravou ela mesma. A auga chegou a todos os cuartos do primeiro andar, desde o baño ata a cociña pasando pola sala, acandando os 10 centímetros de altura.

E o seu non é o único caso. O seu veciño Julio é outro dos prexudicados.

Neste núcleo de Meicende estanse a acometer obras de reorganización urbanística. Os veciños denuncian que as inundacións son máis frecuentes desde que se instalou a rede de saneamento e reclaman solucións.

Mentres, temen que a próxima chuvia asolague as casas de novo.

Noticias web

26/10/2020