CRTVG

Buscar

Veciños de Lugo quéixanse polo uso da ponte romana por parte dos motoristas

Publicado o 08/11/2018 14:30

O uso da ponte romana de Lugo por parte dos motoristas está a provocar as queixas dos veciños e dos viandantes. Sinalan que só está permitida a circulación de ciclistas e transeúntes, polo que reclaman unha maior vixilancia para evitar que as motos pasen tamén polo viaduto.

Os ciclomotores circulan a diario pola ponte romana de Lugo, segundo denuncian os veciños da contorna. Aínda que só está permitido o tránsito de ciclistas e mais peóns, sinalan que por este viaduto pasan motos de todo tipo, incluídas as de repartición e mesmo as de Correos.

Os motoristas fan uso deste viaduto para evitar un rodeo pola ponte máis próxima, situada a apenas un quilómetro de distancia. Para lle poñer freo a esta práctica, veciños e transeúntes demandan un maior control por parte da Policía Local.

A ponte vella ou romana de Lugo é un ben patrimonial inventariado pola Xunta que foi rehabilitado e reconvertido en peonil polo Concello lugués hai cinco anos. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018