CRTVG

Buscar

Veciños de Lugo quéixanse de que hai carreiras ilegais nalgunhas rúas da cidade

Publicado o 20/08/2019 14:23

Hoxe as rúas de Lugo están tranquilas, pero ocasionalmente por elas circulan vehículos a gran velocidade. Ocorre sobre todo pola noite, pero tamén polo día, o que supón un perigo para os viandantes.

As zonas elexidas como pistas improvisadas de carreiras son os polígonos industrias, pero tamén algúns barrios residenciais ou mesmo a ronda da muralla, en pleno centro da cidade de Lugo.

Os veciños recoñecen que non teñen probas gráficas das carreiras ilegais que axuden á identificación dos condutores. Aínda que teñen chamado en varias ocasións á policía, afirman que cando os axentes chegan xa non hai carreira ningunha.

Na policía municipal constan varios requerimentos veciñais, pero non denuncias. Con todo, informan de que acostuman realizar dispositivos especiais para disuadir da realización deste tipo de competicións ilegais.
 

Noticias web

20/08/2019