CRTVG

Buscar

Veciños de Ferrol quéixanse de que baixos comerciais sen actividade convertéronse en vertedoiros

Publicado o 09/09/2021 15:15

En Ferrol quéixanse da mala imaxe que dan unha morea de baixos comerciais que quedaron sen actividade no centro da cidade e que, pouco a pouco, os incívicos foron enchendo de lixo. 

Na rúa falan dun problema de falta de concienciación cidadá. Bótanlles a culpa aos propietarios que teñen os baixos nestas lamentables condicións.

O Concello está canso desta situación e xa está elaborando unha listaxe cos locais que están sen limpar para solicitarlles aos donos que se fagan cargo. De non aceptalo, será o propio Goberno local quen o faga de xeito subsidiario pasándolles despois o cargo dos gastos aos propietarios dos locais.

Noticias web

09/09/2021