CRTVG

Buscar

Veciños de Elviña, na Coruña, protestan polo estado das lombas redutoras de velocidade

Publicado o 08/03/2018 14:23

Puxéranas para controlar a velocidade en Elviña, na Coruña, pero agora os veciños quéixanse de que son as propias lombas as que son un perigo para a circulación, polo estragadas que están. Piden que llelas amañen, ou que as retiren.

Este sinal informa os automobilistas das lombas que van atopar na rúa Pablo Picasso para controlar os excesos de velocidade. Porén, a maioría delas presenta serios danos. Algunhas mesmo foron arrincadas, xa sexa en parte ou na súa totalidade. Os veciños dan distintas explicacións. 

Tanto os que apoian a presenza das lombas coma os seus detractores coinciden en denunciar a situación actual de abandono en que se atopan. 

A existencia de varios colexios na zona aumenta a preocupación dos veciños nunha rúa con velocidade limitada que, segundo afirman, poucos respectan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018