CRTVG

Buscar

Veciños de Donsión, en Lalín, escenifican desde hai dúas décadas a matanza tradicional

Publicado o 10/02/2019 13:48

Aínda queda tempo, pero estamos xa en febreiro e iso é o mesmo que falar xa de Entroido. Traxes, desfiles e tradicións que están intimamente ligados á gastronomía. Quen non pensa no Entroido sen un bo cocido polo medio? Para telo na mesa, antes hai que ter unha boa materia prima. E diso saben moito na parroquia de Donsión, en Lalín, onde escenifican a matanza tradicional.

A matanza do porco conta cos distintas tarefas: desde o chamusco e o baleirado das vísceras, a colga, a salga ata o preparado dos chourizos ou da zorza. En Donsión, en Lalín, levan dúas décadas recreando esta matanza tradicional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2019