CRTVG

Buscar

Veciños de Culleredo protestan polo incumprimento da normativa dun local de hostalaría

Publicado o 02/06/2020 20:21


Veciños do paseo marítimo do Burgo denuncian o incumprimento da normativa establecida para esta fase da desescalada, tanto de seguridade sanitaria coma a horaria na terraza dunha cafetería da zona.

"Si, ao noso entender si porque, á parte de que montan moitísimos metros, entre as mesas non hai os dous metros de separación e a xente está apilada. Ti non podes pasar polos soportais, nin podes pasar pola beirarrúa exterior cun carro da compra, cun coche de bebé, cunha cadeira de rodas", di unha veciña

Algún veciño, ademais, afirmou que algunha vez recibiu ameazas por parte dalgúns usuarios da terraza

"Ameazáronme de que veremos como podía pasar mesmo que me partirían as pernas cando me colleran por aí...e sei dalgunha muller do meu portal que lle chamaron o que non lle tiñan que chamar", afirma un veciño

Pola súa parte, o xerente do local aseguroulle á Televisión de Galicia que o Concello lle permitiu aumentar o espazo da terraza e ampliar o seu horario ata a unha e media da madrugada, durante esta fase da desescalada. Dende a Policía Local, admitiron que se realizaron varias actuacións no local tras as reiteradas denuncias.

Noticias web

02/06/2020