CRTVG

Buscar

Veciños de Crecente levan unha semana sen teléfono e Internet

Publicado o 07/02/2019 14:10

A tormenta do xoves pasado deixou sen teléfono, Internet e televisión moitos dos veciños de Crecente. Os máis prexudicados son os que teñen negocios.

O banco está pechado porque non pode atender os clientes e estes deben ir ata outro concello que está a 12 quilómetros. A que ten o despacho das quinielas non pode selalas e, para non perder clientes, desprázanse ata Arbo ou A Cañiza.

O Concello mesmo emitiu un bando para que os veciños fagan as reclamacións pertinentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2019