CRTVG

Buscar

Veciños de Chapela reclaman melloras viarias nas redes sociais

Publicado o 09/02/2021 15:09

Crónica do estado de abandono de Chapela é o nome da serie que a asociación de veciños colgou nas redes sociais. É o xeito de denunciar por capítulos o estado de varias vías desta parroquia de Redondela que foron naquizadas polas obras de ampliación da AP-9.

Segundo o presidente da Asociación de Veciños, Marcial Pérez: "Hai fochancas en todos os sitios. En Chapela só temos unha autoestrada que nos cobra por cruzar, unha estrada nacional, e outra autonómica... no resto non hai rúas, todos son camiños, nin unha soa beirrarúa".

Os veciños levan 3 anos reclamando pantallas antirruído, o arranxo dos camiños destruídos e beirarrúas no lugar de barreiras plásticas.

A secretaria a AAVV de Chapela, Ángela Méndez, di que non lles quedou otra que ir as redes sociais, que, de momento, levan cinco episodios, pero que teñen para todo o ano, porque os camiños están mal.

Outro dos puntos negros é este acceso ao novo colexio de Chapela, ao campo de fútbol e a un centro de educación especial. Unha costa pola que malamente circulan os coches e os alumnos que soben camiñando e mesmo en cadeira de rodas.

José Ángel Martíns, veciño de Chapela, di que é "alucinante" ver esa costa pola que soben todos os días os nenos, e a ver que pasa cando caia un camión". 

Moitas obras por facer que seguen a denunciar os veciños desta parroquia de Redondela.


 

Noticias web

09/02/2021