CRTVG

Buscar

Veciños de Chapela exixen un semáforo na N-552, no treito do colexio de Angorén

Publicado o 10/09/2019 13:36

Veciños de Chapela están a levar a cabo esta semana distintos actos para exixir medidas de seguridade na estrada N-552. Nas últimas horas cortaron o tráfico neste treito da vía que une Vigo e Redondela, polo que circulan 15.000 vehículos diarios.

Medio cento de veciños exixiron a instalación dun semáforo cun paso de peóns, no tramo en que se atopa o colexio de Angorén. Un punto en que, segundo os residentes, hai un gran risco de atropelo. Precisamente, neste lugar falecera o 30 de agosto un condutor tras estrelarse cun camión.

Os veciños piden que se tomen medidas canto antes. Mañá a partir das 9 volverán mobilizarse con motivo do inicio das clases.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019