CRTVG

Buscar

Veciños de Chapela esixen máis seguridade viaria ás portas do colexio Alexandre Bóveda

Publicado o 11/09/2019 13:13

Coincidindo co inicio do curso escolar nais e pais dun colexio de Chapela e veciños desta parroquia de Redondela esixen medidas de seguridade para os peóns na estrada Nacional 552. Nun tramo de case tres quilómetros non dispoñen de ningún paso para peóns, semáforos ou calquera outra alternativa que lles permita cruzar con seguridade esta vía. Por iso, reclaman unha solución urxente para unha demanda histórica que hoxe simbolizaron nunha concentración de mochilas.

Así cruzan os veciños do barrio de Angorén neste punto da estrada que une Vigo con Redondela. Nun tramo de case tres quilómetros non existen alternativas para facelo con seguridade. Sen paso para peóns, semáforos ou pasos elevados chegar ao colexio de xeito seguro é complicado para os pequenos do Colexio Alexandre Bóveda. As súas mochilas convertéronse hoxe nun símbolo das súas demandas.

É unha demanda histórica e os veciños da zona están fartos de que ninguén os escoite despois de anos reclamando medidas.

Algo para evitar atropelos e loitar contra as consecuencias da alta velocidade coa que aseguran circulan os vehículos por esta estrada.

Os veciños manterán as súas protestas ata que alguén escoite as súas reivindicacións.

Noticias web

11/09/2019