CRTVG

Buscar

Veciños de Caranza piden o desaloxo dos okupas do parque do Montón

Publicado o 12/08/2019 14:01

O parque urbán do Montón en Ferrol ten dende o mes de maio novos moradores. Unha parella instalouse nunha vivenda de propiedade municipal que levaba tempo abandonada e que se empregaba para realizar obradoiros de emprego. A asociación de veciños de Caranza alertan da inseguridade que provoca e presenza de estas persoas nun parque de 22.000 metros cadrados que queren recuperar para o uso público.

Mapi Rodríguez presidenta da Asociación de Veciños de Caranza asegura que na zona hai trapicheos de droga e de produtos roubados. piden ao concello que desaloxen a estas persoas e que abran o parque ao público.

Os okupas aseguran que levaban tempo vivindo na rúa e que se instalaron no lugar por desesperación. Son conscientes de que máis pronto que tarde serán desaloxados polo que reclaman axuda dos servizos sociais.

Arnau Tapias, unha das persoas que viven neste parque, di que a súa muller está moi enferma e que abandonarían o lugar se os realoxasen nunha vivenda social.

Arnau e a súa parella non son os únicos que viven de forma ilegal neste parque. Dende a asociación de veciños de Caranza aseguran que actualmente hai outras dúas casas ocupadas na inmediacións, unha delas dende hai máis de tres anos.

Dende o concelo de Ferol están apostando pola recuperación de este espazo para o uso público pero aseguran que solucionar o problema dos okupas é un proceso longo e complexo que queren solucionar de forma integral.

Polo momento non está previsto o desaloxo de estas persoas pero non descartan realoxalos nunha vivenda social.

Noticias web

12/08/2019