Veciños de Cambados denuncian que outro eliminou o camiño público de acceso ás leiras
Aproveitou o confinamento pola pandemia para cortar un camiño que era de uso público e mesmo colocou dos grosos piares, ao parecer invadindoa terreo do veciño, para marcar o acceso á súa leira.
É o primeiro que contan ao chegar aquí un grupo de prexudicados por esta acción de alguén que nos últimos anos, segundo nos din, xa fixo máis modificacións no terreo sempre en beneficio del.
O peche do camiño prexudica máis de corenta propietarios e moitos deles só poden chegar á leira se o do lado o deixa pasar.
Os prexudicados xuntaron a documentación antiga e escrituras para que o Concello de Cambados inicie un expediente de reposicion da legalidade urbanística.
O seu obxectivo é recuperar o camiño de titularidade pública agora interrompido e incluílo no inventario de camiños municipais.