Veciños de Cambados someteranse a tests de antíxenos polo incremento dos casos
Publicado o 23/11/2020 14:53
O Sergas activa a realización de tests de antíxenos en Cambados ante o aumento de casos. Para a detección temperá, o Sergas pon en marcha esta campaña no municipio. O resultado da mostra coñécese en 15 minutos e faise no centro de saúde, desde o vehículo e con cita previa.
O Concello aumenta a vixilancia policial na rúa e recorre ao servizo de megafonía para pedir que se cumpran as restricións vixentes.
O crecemento continuo dos últimos días nos casos de coronavirus acada cifras récord no municipio. Os cambadeses téñeno claro, hai que ser responsables. A situación agravouse na última semana nesta vila, que suma 77 casos activos.