Veciños de Caldas de Reis denuncian as molestias que provoca a clientela dun local nocturno
Publicado o 22/10/2021 14:05
É unha rúa pequena, cun par de edificios de pisos e unha vivenda unifamiliar, pero nesa zona de Caldas de Reis non hai quen descanse. Os ruídos do interior do bar chegan ao cuarto piso, segundo din. E cando pecha, quedan ducias de persoas na rúa, algúns auténticos vándalos.
Aseguran que todas as semanas teñen que chamar a Policía Local. Reclaman o seu dereito a descansar.