CRTVG

Buscar

Veciños de Bueu denuncian a venda de droga nun edificio céntrico

Publicado o 29/01/2020 14:35

É a rúa Pazos Fontela, en pleno centro de Bueu. Os veciños que residen nesta zona están fartos de sufrir as consecuencias da venda de droga que, segundo eles, se rexistra nun dos pisos deste inmoble. Aseguran que a entrada e saída de supostos compradores se produce constantemente e a calquera hora do día. Non só neste edificio, senón tamén nun aparcadoiro que hai nas inmediacións.

Os veciños xa denunciaron esta situación ante as autoridades, pero, polo de agora, non recibiron resposta. Non quixeron falar ante as nosas cámaras, pero contáronnos que están fartos de padecer as consecuencias desta actividade ilegal que, moitas veces, ten provocado fortes discusións e liortas na rúa entre as persoas que se achegan a mercar droga. Tamén os comerciantes aseguran que cada vez se senten máis inseguros. Todos reclaman maior vixilancia e presenza policial.

Noticias web

29/01/2020