CRTVG

Buscar

Veciños de Budiño din que levan 40 anos denunciando os danos que sofren polas canteiras do Porriño

Publicado o 27/05/2019 14:00

Veciños da parroquia de Budiño, no Porriño, aseguran que levan 40 anos denunciando en van os danos que sofren por mor das voaduras das canteiras que hai na zona. Din que as fendas son visibles en cada unha das casas.

E non só se queixan dos danos materiais. Tamén do ruído, da caída de pedras e do po que xeran os impactos e que, segundo eles, está a afectar a súa saúde. 

Levan corenta anos soportando o ruído e os tremores que xeran as voaduras nas canteiras de Budiño. E despois de tanto tempo seguen denunciando unha situación que é visible en cada unha das súas casas. Os lugares da Vacaría e o de Vitureira son as máis afectados.

Aos tremores súmanse os ruídos, a caída de pedras e o po que, despois de tanto tempo, xa lles está afectando a nivel respiratorio.

Corenta anos despois, as casas seguen tremendo sen ningún tipo de control ou aviso. As cousas cambiaron. As voaduras diminuíron, pero arestora son subterráneas afectando a cimentación das vivendas. Os danos estruturais interiores son a súa resposta a estas vibracións.

Dende hai seis anos as súas denuncias comezaron a rexistrarse nas distintas administracións públicas e nas empresas implicadas. Despois de corenta anos, seguen reclamando un programa de vixilancia nas canteiras en coordinación cos veciños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019