Veciños de Brandía, en Santiago, protestan para evitar a instalación dunha gasolineira ás portas das vivendas
Publicado o 30/06/2021 14:37
A explanada situada no medio dunha urbanización residencial en que viven case 500 veciños e a papeleira de Brandía, en Santiago de Compostela, vai a ser a base dun proxecto para construír unha gasolineira.
Esta edificación ten preocupados aos residentes da zona que esta maña saíron protestar para tratar de paralizar un proxecto que consideran un grave problema para a veciñanza. Non entende cal é a finalidade de situar unha estación de servizo nese punto nin a que vai favorecer.
Coa concentración buscan que se escoite a súa petición e poder estar a tempo de paralizar a concesión da licenza para a construción dunha estación de servizo que só lles vai traer dores de cabeza.