CRTVG

Buscar

Veciños de Bouzas pídenlle á policía máis seguridade ante a vaga de roubos

Publicado o 17/07/2019 13:21

A principal conversa estes días en Bouzas, ademais das vindeiras festas, é a cantidade de roubos que se produciron polo barrio, tanto en vivendas coma en locais de hostalería. Nas últimas dúas semanas, a calquera hora do día, os ladróns facíanse cos cartos das caixas rexistradoras. Nesta mercería saltaba a alarma ás 4 da tarde.

Neste restaurante tentaron entrar ata en tres ocasións, conseguíndoo nun dos intentos.

Aínda que todos aseguran que o barrio é moi tranquilo, despois destes acontecementos, a asociación de veciños de Bouzas reuniuse coa Policía Nacional, que se comprometeu a reforzar a vixilancia nesta zona de Vigo.

Co susto no corpo por ver quen será a seguinte vítima, os veciños agardan ter unhas festas tranquilas esta vindeira fin de semana e xa son varios os que se viron obrigados a reforzar as medidas de seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019