CRTVG

Buscar

Veciños de Boiro tapian as súas propiedades ante a proliferación de ocupantes ilegais

Publicado o 16/03/2021 14:27

Tapiadas por fóra e tamén por dentro con portas e paredes de ladrillo. Así é como combaten a proliferarción dos ocupantes ilegais os veciños con propiedades na contorna da rúa Principal de Boiro. Son vivendas moi antiguas e desde que chegararon os ocupantes ilegais estae tapiando todo, di unha veciña.

O feito de que practicamente todas as vivendas deste edifico estean ocupadas ilegalmente e a ocupación hai poucos días desta casa en venda na que un home se meteu a vivir con dous cans, levou a tapiar esta mesma semana unha destas vivendas próximas. Unha delas foi tapiada hai tres meses  e a outra este sabado porque sos propietariosnon queren sufirir as consecuencias da ocupación.

Os veciños aseguran que, se seguen así, terán que acabar tapiando todos os inmobles da zona. Casas dos seus pais e avós ás que acoden todos os días para controlar que non llelas ocupen. Din que non poden nin marchar de vacacións 15 días porque para iso terian que tapiar ou poñer unha porta anti-ocupación.

Aseguran que moitos veciños abandonaron xa esta zona da rúa Principal, con boa parte das vivendas ocupadas. Piden unha solución para evitar ter que tapiar todas as casas da contorna.

Noticias web

16/03/2021